Collector
Agolada aprende fóra das súas aulas | Collector
Agolada aprende fóra das súas aulas
Faro de Vigo

Agolada aprende fóra das súas aulas

A Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, comezou este martes na Agolada o ciclo de xornadas educativas "O oficio de producir". Esta iniciativa, que nas vindeiras semanas se vai presentar en centro educativos de Baiona, Ponteareas ou Campo Lameiro, tenta achegar ás xeracións máis novas o funcionamento das produtoras audiovisuais. Javier Lopa, de Undodez, explicoulles onte aos alumnos e alumnas de cuarto a sexto de Primaria do colexio agoladés cómo é todo o proceso dende que existe un guión e comezan as localizacións para a rodaxe ata que se pode distribuir a curtametraxe ou película en cines e plataformas dixitais, ademais da súa participación en festivais. A esta primeira sesión na Agolada acudiu a portavoz do PP local, Carmen Seijas, así como o deputado provincial Ricardo Martínez.

Go to News Site