Collector
Que facer na Coruña nos días previos ás Letras Galegas | Collector
Que facer na Coruña nos días previos ás Letras Galegas
COPE

Que facer na Coruña nos días previos ás Letras Galegas

Achégase o Día das Letras Galegas e no concello da Coruña teñen organizado unha manchea de actos. Estes son algúns dos eventos dos que podes gozar entre o 14 e o 17 de maio na cidade herculina: Ampla programación cultural para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Camaño. Arrincará cunha escoita do novo álbum das Tanxugueiras no Teatro Colón este xoves, com entrada de balde. Haberá concertos no Campo da Leña com 9Louro, Orquestra Bravú Xangai, Dakidarría e moitos mais. Tamén haberá artes escénicas para toda a familia na praza de Azcárraga e remate por todo o alto nos Xardíns de Méndez Núñez o domingo coa Foliada das Letras. Dani Martín actuará por partida dobre esta fin de semana na Coruña, dentro da súa xira de 25 aniversario. As entradas para ambos concertos levan meses esgotadas. No Teatro Colón será unha fin de semana de máxima actividade. O venres actuará Martirio, recoñecida cantante andaluza. O sábado será a quenda do ciclo Maio Jazz e o domingo haberá dúas citas: pola mañá concerto do ciclo de primavera da Banda de Música Municipal (ás 12.15 e con entrada de balde) e pola tarde actuación da gañadora do Grammy Isabel Dobarro. Esta semana abren as súas portas dúas importantes exposicións en espazos municipais. Unha delas é ‘Seoane reencontrado’, unha mostra que recupera óleos de Luis Seoane de 1945 e 1977, algún deles inéditos. Esta exposición conmemora o 30 aniversario da Fundación que leva o seu nome e poderá visitarse neste mesmo espazo ata maio de 2027. Por outra banda, o Kiosco Alfonso acollerá desde esta semana ‘Trazos’, unha exposición que repasa os 30 anos de carreira do ilustrador David Pintor. Unha retrospectiva dos seus mellores traballos para diferentes formatos.

Go to News Site