Collector
Maxia na biblioteca para conmemorar as Letras Galegas | Collector
Maxia na biblioteca para conmemorar as Letras Galegas
Faro de Vigo

Maxia na biblioteca para conmemorar as Letras Galegas

O Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona súmase á celebración do Día das Letras Galegas 2026 cunha actividade especial dirixida ao público infantil. Baixo o título A gran viaxe das Letras Galegas, o espazo cultural da localidade baionesa acollerá hoxe, 16 de maio, ás 18:00 horas, un espectáculo cheo de maxia, emoción e descubrimento arredor da lingua e da cultura galega, a cargo da compañía A Xanela do Maxín.

Go to News Site