Nós Diario
A aprobación no Senado dunha iniciativa da senadora do BNG, Carme da Silva, para impulsar a reforma integral da N-541 —cun novo asfaltado, medidas para o calmado do tráfico, a creación de pasos peonís seguros e unha mellora da iluminación, entre outras cuestións— volve situar no centro do debate unha das principais demandas históricas de Cerdedo-Cotobade. O portavoz da formación nacionalista no municipio, Ernesto Filgueira, valora positivamente este avance institucional e reclama actuacións "urxentes" para mellorar a seguranza, o firme e a integración da vía nos núcleos habitados, lembrando que “non todo ten que ser unha autoestrada” e defendendo un modelo de mobilidade compatíbel coa vida no rural.
Go to News Site