Faro de Vigo
As rúas de Pontevedra gritaron en galego con motivo do Correlingua. Coma se fosen afeccionados dun club deportivo, centos de nenos e nenas de todas as idades saíron con carteis e defenderon a utilización da lingua galega. Cunha palabra no peito, «afouteza» ou «bolboreta» entre as máis empregadas, cada alumno manifestouse en público nunha mañá cargada de simbolismo, defensa do valor propio e moito orgullo rexional. A celebración deste ano tivo como lema «Co galego no corazón, facemos revolución», unha proposta do alumnado de 1º de Padaría e Pastelaría do CIFP de Vilamarín que resultou gañadora entre máis de 190 propostas.
Go to News Site