Faro de Vigo
A Estrada acollerá este venres, 29 de maio, a derradeira das Festas do Correlingua 2026, iniciativa que durante todo o mes percorre Galicia para reivindicar o uso da lingua galega entre a mocidade. O evento desenvolverase na Praza do Concello coa participación de once centros educativos da Estrada, Forcarei e Cuntis. A programación arrancará ás 11.00 horas coa saída da carreira pola lingua e continuará coa lectura do manifesto e a actuación do grupo Sniff & Crash, coñecido polos seus concertos cheos de enerxía, retrousos potentes e humor. A xornada estará conducida polo artista Fran Rei e rematará coa entrega de diplomas aos participantes. Os máis pequenos realizarán un percorrido reducido, mentres o alumnado de maior idade continuará a andaina por distintas rúas do casco urbano estradense.
Go to News Site