Collector
Reencontro histórico entre as familias dos artistas que artellaron a primeira colección galega en serigrafía | Collector
Reencontro histórico entre as familias dos artistas que artellaron a primeira colección galega en serigrafía
Faro de Vigo

Reencontro histórico entre as familias dos artistas que artellaron a primeira colección galega en serigrafía

Hai máis de medio século, un proxecto pioneiro con 19 artistas foi impulsado dende Vigo polo serigrafista tudense Álvaro Álvarez Blázquez co obxectivo de democratizar a arte e a cultura en Galicia. Foi no ano 1971 cando o editor viu a necesidade de introducir a serigrafía como unha técnica máis de reprodución de arte e, malia que os talleres da empresa que Álvarez Blázquez fundara en Vigo se dedicaban daquela a traballos máis comerciais, xunto co pintor Virxilio Fernández convenceu aos principais artistas galegos do momento para levar a cabo nas instalacións de Serigrafía Gallega a produción de obra serigráfica a partir de orixinais para logo celebrar mostras colectivas, así como iniciar a súa distribución por galerías de arte.

Go to News Site