Nós Diario
O Director Xeral de Cultura, Anxo Lourenzo, insistiu en reiterar esta sexta feira os mesmos argumentos que vén empregando a Xunta para defender a idoneidade de Eva López Tarrío como nova directora do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), cualificándoa como o perfil máis completo e profesional entre as candidaturas presentadas, malia coñecerse polo menos dous candidatos cun historial moito máis adecuado ao posto. Mentres, a Xunta declara que a nova etapa busca "definir novas estratexias en permanente contacto co sector", este mantén a unanimidade en cualificar todo o proceso como un intento de manter o control político sobre a institución.
Go to News Site