Faro de Vigo
O pequeno Álex é de Beade, estuda no CEIP Emilia Pardo Bazán do concello de Leiro e hoxe, xogando ás vendimias, fixo un novo amigo do Plurilingüe de Ribadavia. Os 9 quilómetros que separan ambos centros, e que en Madrid serían unha ringleira de edificios e trasfega, trazan nesta parte do Ribeiro un camiño cheo de natureza, viñedos e unha desas economías circulares que tanto se busca nalgunhas metrópoles. Pero contar só a parte bonita da historia sería ocultar o problema que lle afecta: a baixa natalidade e a emigración cara as cidades está a baleirar de estudantes estas aulas rurais, poñendo en perigo que próximas xeración coma as de Álex poidan educarse rodeados do campo e aldea que aman. Afortunadamente, a despoboación topou no Ribeiro cun corpo de resistencia, que con actos como os que organizaron este martes, berran aos catro ventos que non pensar dar por vencida a súa identidade.
Go to News Site