Nós Diario
A Confederación Anpas Galegas denunciou que a decisión da Xunta de abandonar o programa de auxiliares de conversa constitúe un “recorte político” que, ao seu xuízo, empobrece o ensino público galego. A entidade sostén que a medida non responde a dificultades técnicas nin legais, senón a unha decisión deliberada do Goberno galego que deixará sen este recurso centos de centros educativos.
Go to News Site