Faro de Vigo
Os premios Gran de Area permítennos, dende hai uns cantos anos, debullar o mapa dunha gran parte da arquitectura galega recente. Nesta edición, entre as obras recoñecidas polo COAG, destaca unha tendencia clara remarcada dende o remate dos anos 90, unha liña que parte do respecto ao xa construído e olla cara á rehabilitación e mais o coidado do patrimonio. Nun tempo no que a obra nova adoitaba concentrar máis atención pública, esta liña devén especialmente interesante.
Go to News Site