Collector
Primeiros pasos para a creación dunha área de prestación conxunta de taxi na comarca da Coruña: "É unha das principais preocupacións da cidadanía" | Collector
Primeiros pasos para a creación dunha área de prestación conxunta de taxi na comarca da Coruña:
$rss = DB::getRow("SELECT * FROM rss where id='" . ($news['rssid'] ?? '') . "'"); $rssicon = DB::getRow("SELECT * FROM media where islem='rss' and contentid='" . ($news['rssid'] ?? '') . "'"); ?>

Primeiros pasos para a creación dunha área de prestación conxunta de taxi na comarca da Coruña: "É unha das principais preocupacións da cidadanía"

O Concello da Coruña celebra que a Xunta de Galicia poña en marcha a proposta municipal para crear unha área de prestación conxunta de transporte en taxi entre A Coruña e os municipios limítrofes. O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, valorou os primeiros pasos que se están a dar con este obxectivo. Lage participou este luns nunha reunión de traballo coa Xunta e os concellos da área metropolitana para valorar a folla de ruta. Tras o encontro, valorou positivamente que a Administración autonómica aceptase a proposta do consistorio coruñés "para que esta área de prestación conxunta se poña en marcha". O voceiro subliñou que esta medida permitirá "que os taxis da Coruña non só poidan operar na cidade, senón tamén nos concellos limítrofes". Fixo fincapé na evolución da mobilidade, que cualificou como un fenómeno que "hoxe máis que nunca é metropolitana e non entende de límites xeográficos ou municipais". Segundo Lage, "a realidade económica e social da Gran Coruña dáse en termos de mobilidade compartida". Neste sentido, destacou que a área de prestación conxunta favorecerá a competencia do sector do taxi cos VTC, sempre co obxectivo de ofrecer "o mellor servizo posible á cidadanía". De forma paralela, Lage defendeu a creación dun Consorcio Metropolitano de Transporte para mellorar a mobilidade en toda a comarca. O concelleiro sinalou que, xunto á vivenda, este é un dos principais retos para os cidadáns. "Levamos insistindo moito tempo e imos seguir traballando para convencer á Xunta de que se cree este consorcio", afirmou Lage. Engadiu que a Gran Coruña abarca tanto a cidade como os municipios lindeiros e que a Xunta, como administración con competencias en transporte metropolitano, "debe estar aí". Ademais do edil coruñés, na reunión participaron representantes institucionais doutros concellos da área. Estiveron presentes José María Sánchez Novo e José Antonio Calvelo, concelleiros en Arteixo; Diana Piñeiro, alcaldesa de Cambre; José Ramón Rioboo, alcalde de Culleredo; e Pablo Cibeira, concelleiro en Oleiros.

Go to News Site