Máscaras e ambición: Fernández Mallo explora a xungla do mundo empresarial
Nós Diario

Máscaras e ambición: Fernández Mallo explora a xungla do mundo empresarial

A delegación dunha multinacional vive un ambiente de máxima tensión e desconfianza. Tras un brusco cambio no organigrama da dirección comezan a darse movementos estraños que desembocan en secuestro e asasinatos. A última novela de Marcelino Fernández Mallo, Cen ilíadas (Toxosoutos), sitúa no mundo da empresa un thriller que presentará mañá na Libraría Couceiro de Compostela, acompañado de María Obelleiro e Lourenzo Fernández Prieto.

Go to News Site