O pintor Ánxel Huete transfórmase en poeta para despedir o século XX
Nós Diario

O pintor Ánxel Huete transfórmase en poeta para despedir o século XX

Non se trata dun caso de artista que experimenta cun medio diferente ao que usa habitualmente. Os poemas que o pintor Ánxel Huete reúne en A distancia do século (Galaxia) posúen unha voz e unha profundidade que lle outorgan ao autor o título indiscutíbel de poeta. A experiencia dunha memoria que se resiste á nostalxia ofrece, ademais, unha rica perspectiva sobre un cambio de século que se manifesta incerto.

Go to News Site