
Alfombristas do Morrazo na gran alfombra no corazón de Galicia
A Federación de Alfombristas de Galicia elaborou unha gran obra de arte efémero diante do convento de San Martiño Pinario e adicada a Isaac Díaz Pardo e a Castelao. O deseño foi obra do arquitecto e veciño de Bueu Rafael Oliveira, da Asociación Cunchas e Flores.